Friday 17 de May de 2024

O Concello impulsa un taller de enxertos de froiteiros para os primeiros días de setembro


Terá un custo de 25 euros por persoa e para apuntarse será necesario chamar ao 686 35 28 66.

O Concello de Abegondo impulsará os primeiros días de setembro un taller de enxertos de froiteiros, que terá un custo de 25 euros por persoa e para o que anotarse será imprescindible contactar no teléfono móbil 686 35 28 66.

Celebrarase na Casa do Concello o luns 5, martes 6, mércores 7 e xoves 8 de setembro en horario de 19:15 a 21:45 horas. Combinaranse sesións teóricas coa parte práctica, que se executará o xoves.

As prazas son limitadas, cun número máximo de quince (15).